O novo número de Abordaxe! já está na rua, podes encontrar a revista nos seus pontos de distribuiçom habituais ou contactando com elas através de @abordaxe@bastardi.net . Também podes descargar a ediçom digital em abordagem. org .
Neste número resgatam a memória de diferentes episódios de revolta e resistência dos que achamos que há muito que aprender, percorrem a história do monte vicinal galego, conversam com um mapuche sobre a luita e a vida do seu povo, aprofundam nos conceitos de Moral e Ética; e ainda tenhem tempo para falar de encontros na quarta fase com seres de outros mundos, ler poesia, praticar herexías e muitas cousas mais.
ÍNDICE DE CONTEÚDOS :
•A primeira folga da historia: Unha achega a (quizais) o primeiro documento escrito sobre a organización obreira x Nécora Nihilista
•O monte veciñal galego x Pabliño
•Unha ollada antiautoritaria aos conceptos de Moral e Ética x Disnomia
•Camiño cara unha sociedade sen Estado x Miquel Amorós
•Eduardo Pons Prades e a mensaxe doutros mundos x Adrián Barros
•Nütram Ina: Conversa cun mapuche
•Unha experiencia de agrarismo anarquista na Galiza: A Unión Campesina (1907-1909) x B.
•O reverso resentido (extracto de “El Feminismo Devastador”)
•O “Día da Ira”: A revolta compostelá de 1320 x Pabliño
•Julio Camba e a Illa de Arousa
•O “Corto Maltés” galego x Pabliño
•Algún día nós tamén seremos cimarróns… (texto distribuído nas rúas de Vigo e Pontevedra en agosto de 2019)
•Xs Heréticxs x Gabriel Pombo Da Silva
•Intencións (poema de Manuel Antonio)
Pontos de distribuiçom* :
Compostela:
CSA do Sar (Rúa Curros Enríquez 28)
Lugo:
CS Mádia Leva (Rúa Serra de Ancares 18)
Bodegón A Fouce (Rúa Ramón Montenegro 2-4)
Pontevedra:
Distribuidora Anarquista Polaris (distripolaris@riseup.net)
Vigo:
CS A Cova dos Ratos (Rúa Romil nº 3)
Lisboa:
CSA Disgraça (Rua da Penha de França nº217A/B)