Reproduzimos artigo de Fuco Gómez na sua grafia original pola atualidade que apresenta neste momento.
“A’humanidade doille que a verdá sexa tan sinxela; millor seria pensare que custa moito traballo empregal-a práiticamente en benefizo seu.”
O delito qui cometín
En oituber de 1933 pubricou o “Comité Revoluzonario Arredista Galega”, da Galiza, o seu pirmeiro manifesto, tidoado: “La Independencia absoluta, única salvación de Galicia”. Manifesto qui, no meu judizo, non contên nadia qui conforme âs vigentes leis da Repúbrica hespañola resulte punibel ou delituoso, porque nil non se injuria á ningunha determiñada persoa, non s’erguen falsos testimoños á autoridade algunha, nen siquera s’empregan termos agresibles nen ataques pasionás contr’a istituzón feudal, denomeada centralismo, nen contr’os seus temibeis secuaces espareguidos por tudo anchor e longo da Galiza. Na tal folha o C. R. A. G. concréta-se á decir, monda e lironda, cáes son os verdadeiros responsabres dos mals qui ate agora viñeron padecend’os campesinos e minúsculos comerciantes galegos, i-o qui siñifica pra Galiza o régime repubricán hespañol. Por tudo isto,amiña sorpresa raiou en estupore cando souben qui, por orde do Gobernador civile da Cruña, había sido retirada da circulación a devandita folla, e qui se tiña iniciado un sumario pra proceder â detención do qui, segundo as investigaciós praiticadas pol-a policía, resultara sel-o autore ou responsabre da mesma, radicando a causa por “delito de ir contra la forma de Gobierno”.
Co íste motivo realizáronse varios cacheos e foron citados á prestar decraración nant’os adeministradores da Justicia o impresor i-o inquilino do piso sinalado no manifesto coma direición pr’a correspondenza do C. R. A. G. na Cruña (Independenza, 19, 3.º).
Asemade praiticadas istas dilixencias e comprobado qui a persoa qui ordeou e pagou a impresión do referido manifesto foi o qui subsquirbe, istruíu-se causa contra íste e déron-se ordes â policía de proceder a sua búsqueda e detenzión.
Causas da nosa eispatriazón
Xi estivéramos seguros de qui as autoridades hespañolas têrían de mostrar-se reitas e justas na causa qui se nos sigue, e de qui ista seria encaminada únicamente â luz d´argumentos legaes, eu non houbera tido incomenente en persentarme a quenes corresponde a sentenza da devandita causa; por, quén no caso meu non dubidaria de tal cousa, sabendo qui moitos dos qui estiveron sujeitos á algún judizo por custións políticas e sociais sosteñen qui as autoridás hespañolas son seitarias, qui manexan as leis ao seu antoxo e interpoñen a sua arbitraria vontade antre a misma lei i-a vida dos cibdadans? Non se tên dito tamén nalgúns órgaos da opinión qui pasan de nove mil os homes que hai presos nas diferentes carceres da Hespaña sô por habéren-se mostrado contrarios â tiranía gubernamentale? “Estudal-a eisprenza -tense dito- en cousa porpria é de peizocos; pra o home cordo debe abondarl-o aviso do qui sucedeu á outros no seu caso”.
Ademais: pra ninguén é un segredo a incomprensibel aititude dos nanterores gobernantes da Repúbrica hespañola, qui, â pasividá e toleranza con qui sempre viron os comprots monárquicos e fascistas, as cospirazóns e provocativas campañas das crases reaicionarioas e venaes, ausolutistas e crericáis, opuxeron en todo tempo -coma tamén opoñen os gobernantes de hoxe- unha persecución, un rigore i-un encono contr´as propagandas qui realizaron elementos eistremistas d´esquerda. Do qui cicais non esté saibedor a opinión púbrica é de qui ningún outro movimento revoldaino vein con tanta carraxe i-antipatía o caciquismo galego i-os políticos gubernamentás com-a porpaganda auténticamente galeguista qui tend´a espertal-a conciencia nazonal galega, orentando o noso pobo pol-o millor camiño pra acadar, con diñidade cibdadán, a prena liberazón da Galiza i-o benestar de tudol-os seus habitantes.
Tendo persente tud´o qui nantecede, lógico era pensar qui ao cair eu nas gadoupas das autoridades sería, contra tuda razón e contra tudo dreito, encarceado ou deportado á algunha remota terra qui calquer d´istos dous castigos abondaría pra qui en poucos días ficase conquerida a finalidá d´eistermiño desexada e perseguida pol-os inquisidores hespañolistas e nemigos acérrimos da Galiza e das suas liberdades, dado qui a nosa saúde estaba daquela un pouco crebantada.
Nant´as adversidades, aititude perseverante
Na amorosa i-hospitalaria terra de Portugal, onde nos refuxamos movidos pol-as poiderosas razóns qui deixamos eispostas, pensábamos permanecer até qui se mostrar´a justiza pol-o poider ao qui legitimamente corresponde tal función; pro vendo qui eili nadia millorábamos de saúde, voltamos pra Galiza e abés puxéramol-os pes en terra galega cando fomos sorprendidos por outra maor adversidade. E coma o sitio en qui tivemos qui permañecer varias horas era pouco adecuado pra persoas enfermizas, resultou qui controuguemos outra enfermedade qui nos tivo durante algún tempo situados â veira da cova.
Hoxe, que levamos duas semanas de convalecenza, soio sentimos e lamentamos qui naqués días da nosa maor gravedade a mais galega de tudal-as orgaizacións qui aitúan na Galiza haxa tido qui desistire -a causa da revoldaina sindicalistas e d´outros sucesos simultños- do propóisito qui, segundo se dí, tiña de realizar un viril e patriótico feito o 17 do derradeiro Nadal (aniversario da morte do mariscal Pardo de Cela): o de procramar en tudal-as cibdades da Galiza unha Repúbrica galega independente, izando ao mesmo tempo a bandeira arredista nos auntamentos respeitibles. Meis non por iso debemo-los arredistas galegos desmaiar na loita pol-o conquerimento do noso Ideal, sinón traballar cada día con mais fiducia i-entosiasmo, pois qui as grandes empresas conquírense somentes cô esforzo e coa constanza
Galiza, 1.º de Febreiro do 34.
(A Fouce, n.º 8, fevereiro de 1934)